Gayoso, "historia viva da TVG", "emocionado" pola Medalla Castelao

  • O presentador do lexendario programa «Luar» amósase «sorprendido» e «emocionado»
  • A Medalla Castelao, outorgada pola Xunta, distingue a obra dos galegos e galegas

Xosé Ramón Gayoso, conductor de «Luar», o programa que a Televisión de Galicia  (TVG) leva emitindo 25 anos, engade un galardón máis na súa traxectoria. Non é o único que vai recibir este premio o 28 de xuño, mais a súa figura centra gran parte das olladas. Canda el, o Consello da Xunta decidiu que concedía a Medalla Castelao a Xusto Beramendi, Cristina Pato, o Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Gayoso é  «historia viva da TVG». O presentador, tras coñecer a concesión de Medalla, mostrouse sorprendido nunha entrevista emitida polo ente público galego. «Quedei sorprendido pola chamada do presidente, que che comunica persoalmente este galardón. En segundo lugar, síntome emocionado e tremendamente honrado».
A Medalla Castelao, concedida pola Xunta de Galicia, distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo dunha personalidade galega dende a chegada dos restos do galeguista que dá nome ao galardón.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.