i-p-cluster-audiovisual-galego-pitching-galicia

O Clúster Audiovisual Galego presenta os proxectos do 17º I+P Ideas para Producir

Case un cento de profesionais da industria audiovisual reuníronse hai uns días no centro Ágora da Coruña para participar na 17ª edición do pitching «I+P, Ideas para Producir«. Organizado polo Clúster Audiovisual Galego, asistiron produtores, guionistas e creadores de contidos de cine e televisión. O obxectivo era buscar alianzas comerciais coas principais televisións, plataformas e distribuidoras do noso país. Desta maneira, os pitchs e as reunións de negocio que alberga este foro de referencia a nivel nacional facilitan as alianzas creativas e empresariais. Nesta 17ª edición presentáronse 18 proxectos, dos cales 6 corresponden aos traballos que participaron na segunda edición do I+P INCUBA.

Estes seis títulos son as longametraxes de ficción «Animales«, de Zeta Studios, e «Villamiseria«, de Agallas Films; a longametraxe documental «Notas entre silencios«, de Ollovivo; a longametraxe de animación «Greta«, de Algarabía Animación, e as series «Los Doce«, de Volcano Films, e «Puma_Blue«, de Inverno Films.

Completan o total de proxectos presentados, as longametraxes de ficción «María Casares, a diva estranxeira«, de Zenit Televisión; «As tres outras vidas de María Santiso«, de Melgo Cinema; «El bosque sumergido«, de Meridional Producciones; «Ibiza 67″, de Pauxa Films; «Tal vez«, de Ngaro Games La Casa de los Enigmas; e «Roundabout«, de Carlos Polo; as series de ficción «Malpaís«, de Lidia Fraga; e «Anomaly«, de Ana Urquijo; a serie de non ficción «Operación Hotel: El hombre que vendió su alma a la CIA«, de Marcos Nine; a miniserie de ficción «Viven al lado«, de Samuel Lema; a miniserie de animación «La voces del lienzo«, de Producións A Fonsgrada (Grupo Filmax); e o programa de televisión «Mama-Rachas«, de Producciones Vigo – EISV.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos