larsa-campaña-pastoreo-2024-galicia

Larsa tira de retranca e manda ‘a pastar’ todo o que pode mellorar

  • A nova campaña da marca galega de lácteos está ideada por BAP Conde dentro do paraugas #AquíFacémoloAsí
  • A empresa segue a abandeirar o ser a primeira con leite, queixos e iogures de pastoreo certificado

Leite Larsa lanza unha nova campaña de publicidade na que os seus protagonistas decátanse pronto que os productos de pastoreo destacan polo seu sabor. É entón cando pensar que se todo aquelo que non funciona se mandase ‘a pastar’, melloraría. Sería a solución para os problemas do día a día e para mellorar a sociedade. A falta de educación, os abusos, a soberbia… todo podería mellorarse mandándoo ‘a pastar’.

«Un veciño mala herba», «os que non saborean a vida», «os abusóns» ou os que «miran por riba do ‘hombro'»… ‘a pastar!», claman os rapaces protagonistas. É así como se defende o orgullo do propio como algo do que sacar o mellor. En Larsa defenden que coa calidade dos seus pastos, ata mandar ‘a pastar’ é algo positivo.

Explican desde a axencia BAP & Conde que decidiron aproveitar o «dobre senso dunha expresión tan popular como ‘a pastar’ para converter dita expresión no fío condutor dunha estratexia deseñada de principio a fin para reforzar los valores da marca».

Deste xeito, a empresa láctea volve reivindicar o seu clásico claim, #AquíFacémoloAsí. Abandeirando a sostibilidade, o coidado das vacas e tamén a calidade do producto final, Larsa reivindica ser nomeada a primeira marca de leite, queixo e iogur de pastoreo certificado.

A campaña presentou o seu primeiro clip ao que acompañarán outros vídeos para redes sociais e televisión, entre outros soportes como exteriores, radio ou redes sociais.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos