lopez-casanegra-mensaxes-maxicas-campaña-galicia

A xoiaría galega idea con López Casanegra ‘Mensaxes máxicas’ dos Reis Magos

  • Trátase dunha campaña feita con intelixencia artificial e na que os máis pequenos e pequenas poden recibir mensaxes personalizadas dos magos de Oriente
  • Ideada para o Colexio de Xoiaría de Galicia e a Federación Galega de Xoiaría, ademais desta axencia de comunicación colaboran as empresas Atlantis Media e Qaroní

A axencia López Casanegra Comunicación, en colaboración coas empresas Atlantis Media y Qaroní, lanzou a innovadora campaña ‘Mensaxes Máxicas’ para o Colexio de Xoiaría de Galicia e a Federación Galega de Xoiaría. Trátase dunha web desenvolvida con intelixencia artificial coa que nenos e nenas poderán recibir mensaxes personalizadas dos Reis Magos de Oriente.

A pioneira iniciativa busca promover o comercio local no ámbito dixital. Desenvolvida con esta tecnoloxía de vangarda, ‘Mensaxes máxicas’ quere conectar consumidores co comercio de proximidade de maneira creativa, resaltando neste caso o labor das xoiarías de barrio nun mundo dixitalizado e globalizado.

Web personalizada para nenos e nenas

Neste caso, López Casanegra Comunicación foi a encargada da idea orixinal creativa e a execución do proxecto. Por outra banda, Atlantis Media ocupouse da parte audiovisual e Qaroní ofreceu a solución tecnolóxica e o uso da IA. Deste xeito uníronse forzar para lanzar unha campaña innovadora. Mestúrase así tecnoloxía co encanto do comercio local e a maxia do Nadal para os máis pequenos.

A dinámica de ‘Mensaxes Máxicas’ permite que os nenos e nenas galegas poidan recibir directamente as súas mensaxes personalizadas de parte dos propios Reis Magos. A través da plataforma mensaxesmaxicas.com a cativada pode acceder desde calquera dispositivo móbil e sorprenderse coa mensaxe de Melchor, Gaspar e Baltasar.

Con esta campaña o Colexio de Xoiaría de Galicia (COXGA) e a Federación Galega de Xoiaría, co apoio da Xunta, busca resaltar a maxia de regalar xoiaría galega. Tamén preservar as tradicións á vez que se adaptan ás novas tecnoloxías. O obxectivo é defender o comercio de sempre como escaparate para a ilusión de toda a familia.

lopez-casanegra-mensaxes-maxicas-campaña-galicia
Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos