mestre-mateo-votacions-2024-galicia

Os films galegos máis existosos do ano postúlanse no inicio das votacións aos XXII Mestre Mateo

  • A Academia Galega do Audiovisual abre votacións para os próximos premios do audiovisual galego
  • Este ano concorren 173 producións, 21 menos que o pasado ano 2023, e 493 profesionais

A Academia Galega do Audiovisual da comeza a unha nova edición edición dos premios por excelencia do audiovisual da comunidade. Os vixésimo segundos Premios Mestre Mateo dan conta do gran nivel que mostra Galicia. Na categoría de longametraxe concorrerán films como O Corno, O Soño da Sultana, Matria ou Sica. No de curtamentraxes, haberá un 36.3% máis de proxectos, con mención especial á categoría de animación.

Agora, nesta primeira fase, danse os prazos de votación que estarán abertos ata o 31 de xaneiro ás 12:00 horas. As académicas e académicos poderán elixir as candidaturas finalistas a estes galardóns no ano 2024. Unha vez anunciadas, abrirase un segundo prazo de votación para elixir ás gañadoras que se darán a coñecer na gala de entrega de premios.

Nas obras presentadas destácanse datos positivos en relación ao uso da lingua galega, un 65,3 % teñen a súa versión orixinal neste idioma, aínda que se producise unha diminución de dous puntos con respecto á edición de 2023. 

Menos proxectos pero de maior nivel

A categoría de mellor longametaxe dá conta da excelente colleita do audiovisual galego en 2023, con films recoñecidos en festivais como ‘O Corno’, coroado coa Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastian. Tamén o filme de animación ‘O Soño da Sultana’, igualmente galardoado no prestixioso festival donostiarra. ‘Matria’ e ‘Sica’, aclamadas na pasada Berlinale competirán asemade nesta categoría xunto a ‘Cando toco un animal’ ou ‘Amigos hasta la muerte’. ‘Fatum’, un dos filmes máis vistos do ano en Amazon Prime, e o filme de ciencia ficción aclamado pola crítica ‘¡Salta!’ pechan o elenco participante nesta parte do certame. 

Como destacabamos, é importante a produción de curtametraxes. Aumenta nun 36,3% con respecto á edición anterior cunha mención especial á categoría de animación. Neste caso preséntanse máis do dobre de traballos e tamén compre destacar un incremento nun 21,2% das obras que compiten na categoría de mellor programa

As dúas categorías de audiovisual seriado manteñen o mesmo número de obras candidatas que na pasada dos premios: 4 series de televisión e 11 series web. Entre as primeiras mantense a tendencia apreciada na edición de 2023, coa presencia de dúas producións estreadas en Televisión de Galicia, ‘Motel Valkirias’ e ‘Saudade de ti’. As outras dúas propostas foron lanzadas en plataformas de streaming: ‘Os argonautas e a moeda de ouro’, emitida en RTVE Play, e ‘Rapa’, de Movistar +. 

Gran elenco de profesionais candidatos a estes premios

Numerosos rostros coñecidos volven aparecer nas candidaturas profesionais, como María Vázquez, Biznaga de Ouro como Mellor Actriz no Festival de Cine de Málaga, candidata a mellor actriz protagonista; Álvaro Gago, finalista na categoría de mellor dirección novel na presente edición dos Premios Goya. Tamén figuran comunicadores como Roberto Vilar, Eva Iglesias, Boris Izaguirre ou Esther Estévez, premiada nas dúas últimas edicións dos premios.

No ámbito das directoras, destacan nomes como Jaione Camborda, Isabel Herguera ou Olga Osorio. Luis Tosar, un dos profesionais máis veces finalista ao longo da historia dos Mestre Mateo repite candidatura como mellor intérprete protagonista, categoría na que tamén se atopan Álex García, Javier Cámara, Javier Veiga ou Tamar Novas, vencedor nesa categoría na última edición dos Mestre Mateo. 

En total son 493 inscritos nas categorías profesionais dos Mestre Mateo, dos cales 284 (un 57,6%) son homes e 209 (un 42,3%) son mulleres. As categorías que aglutinan o maior número de candidaturas son mellor montaxe, con 65, e mellor guión, con 63. 

Existen diferencias notorias na presencia de profesionais femininas nalgunhas categorías técnicas como son dirección de fotografía (9,5% mulleres fronte a 90,5% homes); realización (10 % realizadoras fronte a 90 % realizadores); son (19,2 % mulleres fronte a 90,8 % homes) e dirección, na que só hai 7 directoras candidatas (24,1%), fronte a 22 directores (75,8%). 

Pola contra, na candidatura a mellor maquillaxe e perruquería, só hai un 4,5% de candidaturas masculinas, fronte a un 95,5 % de candidaturas femininas. Para rematar, cabe destacar a ausencia de candidatos na categoría de mellor vestiario así como a inexistencia de compositoras candidatas a mellor música orixinal. 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos