Nace Xornalistas Galegas, en defensa dun xornalismo con perspectiva feminista

  • ‘Xornalistas Galegas’ comeza lanzando unha advertencia clara: «O periodismo será feminista ou non será»
  • A xornalista Margarita Ledo e a teórica feminista e escritora Rosa Cobo amadrinaron o acto en defensa dun xornalismo máis xusto e igualitario, no que se vexan erradicados os estereotipos de xénero

Xornalistas Galegas, unha asociación que integra a mulleres profesionais do eido da comunicación, presentouse publicamente nun acto no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela no que reivindicaron a necesidade dun xornalismo feminista. A presentación do colectivo -formado por máis de 200 mulleres que desenvolven a súa actividade en Galicia en defensa dun xornalismo con perspectiva feminista- trátase dun momento histórico para el feminismo que contou coa presenza da xornalista Margarita Ledo e a teórica feminista e escritora Rosa Cobo, dúas figuras que representan o piar no que se basea esta nova asociación: acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, na que se vexan erradicados os estereotipos de xénero.

Ledo lanzou unha mensaxe as asistentes: «Sodes a proba do paso do silencio histórico a situación actual. Hasta fai pouco non se admitía públicamente ser feminista. Esto é un avance importante porque sirve para romper outro teito de vidro». Pola súa parte, Cobo sinalou «a difícil relación entre mulleres e medios» denunciando unha «desventaxe social» que materialízase en «subordinación, marxinación e opresión.» «A desigualdade non é algo opinable», advertiu.

Integrantes de Xornalistas Galegas debullaron as liñas de traballo e os obxectivos nos que se centrará a asociación nos próximos meses. No acto, detalláronse os propósitos que perseguen as iniciativas do colectivo Xornalistas Galegas, e as actuacións levadas a cabo ata o momento.  Unha mesa redonda de mulleres destacadas na súa profesión responderon á pregunta: Por que é necesario un xornalismo con perspectiva feminista? Moderado pola xornalista Antía Díaz, o panel de expertas estivo formado por: Paz Filgueira – xuíza titular do Xulgado de Familia número 12 de Vigo-, Joana Magalhães -investigadora no Instituto de Investigación Biomédica da UDC-,  Alba Nogueira -doutora en Dereito é profesora titular da USC en Dereito Administrativo e investigadora  principal do grupo ARMELA-, Silvia Pérez Freire -socióloga e investigadora especializada en violencia de xénero e docente na Universidade de Vigo-, María Xosé Porteiro -xornalista e escritora-, e Elena Roca -a primeira xogadora internacional galega de rugby e campiona de Europa- . Para rematar, deron paso ao debate no que todas as persoas asistentes estiveron convidadas a participar.

No seu manifesto aseguran que van traballar unidas avanzar na consecución dos seguintes obxectivos: visibilizar á muller nos medios de comunicación, desestigmatizar a presenza da muller na información a través da erradicación de ofensas de xénero e difundindo iniciativas que contribúan á igualdade, instaurar o tratamento especializado da violencia de xénero nos contidos dos medios, realizar unha “vixilancia feminista” dos mesmos e denunciar as publicacións machistas ou sexistas, promover iniciativas profesionais feministas que eduquen e xeren conciencia social, incrementar a presenza das mulleres nos postos de responsabilidade, controlar o cumprimento real das medidas de conciliación familiar e laboral, avaliar e reorientar a situación laboral da muller en ámbitos concretos da produción xornalística, integrarse nas iniciativas de xornalistas e comunicadoras feministas estatais e colaborar con outras iniciativas feministas e entidades do ámbito da comunicación implicadas na consecución dun xornalismo con perspectiva de xénero.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.