Nadal en Rede ofrece concertos, contacontos e recursos dixitais para festexar o Nadal en galego

  • A sexta edición do programa de dinamización lingüística da RDL levará actividades a 41 concellos
  • Nadal en Rede pon á disposición de toda a cidadanía recursos dixitais para galeguizar os principais motivos do Nadal

Dende o sábado 16 de decembro ata o vindeiro 7 de xaneiro, a sexta edición do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede levará actividades a 41 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. “En decembro chega un ano máis Nadal en Rede para animar a cidadanía a desfrutar do tempo de ocio con propostas pensadas para estas datas e baseadas nos contos, na música e nas figuras típicas coma o Apalpador ou os Reis Magos”, destacaba o secretario xeral Valentín García.

Desde hai 7 anos, Os Bolechas percorren Galicia grazas á colaboración de Gadis, a Televisión de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este ano fano coa proposta Un conto de Nadal, unha peza teatral con actores e cos muppets da Televisión de Galicia.

Para que os cativos e cativas coñezan a figura do Apalpador, a compañía Fantoches Baj levará este espectáculo recuperando en exclusiva a peza de monicreques O castiñeiro do Apalpador. Nesta obra, dirixida a público de máis de 3 anos, o propio Apalpador será quen lles conte aos asistentes por que reparte castañas entre os nenos e nenas durante o Nadal.

Tamén seguen estar á disposición das familias modelos de cartas para escribirlles na nosa lingua ás súas maxestades de Oriente, así como a ferramenta Resposta dos Reis Magos para que os nenos e nenas poidan recibir unha mensaxe personalizada de Melchor, Gaspar e Baltasar escrita na nosa lingua. O Portal da Lingua Galega tamén lles ofrece aos Reis discursos na nosa lingua, no Libro dos Reis Magos, que poderán ler a noite da cabalgata para que todos os poidamos sentir falar no idioma propio de Galicia.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.