A axencia Nasas busca Deseñador/a Gráfico a tempo parcial en A Coruña.
Imprescindible:
- Formación en Deseño Gráfico, Publicidade ou Belas Artes.
- Dominar o paquete Adobe (Illustrator, Photoshop, Indesign, Premiere…). Tamén valoran coñecementos de After Effects e Motion Graphics.
- Ter bo gusto estético.
- Ser unha persoa resolutiva.
- Ter un bo portfolio.
- Residir na Coruña.
- Compartir o compromiso coa sostibilidade, a inclusión e o desexo de xerar un impacto positivo no mundo. Recentemente entraron na rede de empresas B Corp que reúne as mellores empresas por e para o mundo.
Funcións:
- Deseño e desenvolvemento de creatividade gráfica para campañas en redes sociais.
- Creación de pezas para plataformas on/offline.
- Creatividades para campañas de ads.
- Deseño de presentacións en Power Point ou outros soportes.
- Retoque fotográfico.
- Edición de vídeo, principalmente para redes sociais.
Máis información sobre esta oferta de emprego en Deseño Gráfico na súa páxina web.