nrede-cpxg-medios-galicia

15 medios NRede: en loita pola profesión e contra a desinformación xornalística

  • Nacida en febreiro deste ano, busca garantir o traballo xornalístico en cabeceiras dixitais e facilitar a súa identificación como medios de información fiable

A iniciativa NRede do Colexio de Xornalistas segue a medrar. Coa última inclusión do Xornal da Coruña, xa son 15 as cabeceiras dixitais que forman parte deste espazo na rede para loitar contra a desinformación e aglutinar a medios galegos símbolo de boas prácticas xornalísticas.

A finalidade desta rede é a de poñer en valor o traballo xornalístico galego fronte á aparición de espazos na rede que tentan facerse pasar por xornais sen selo. NRede ofrece, deste xeito, unha facilidade á cidadanía para identificar a prensa fiable, que respecta o traballo dos xornalistas e a deontoloxía da profesión. Os medios adheridos distínguense con este ‘selo’ doutros contidos dixitais á vez que se lles axuda no acceso a subvencións públicas e para acreditarse en eventos.

Xornal da Coruña é o último medio en sumarse este mes de outubro pero xa forman parte outros catorce.  La Alacena Roja, Galicia Confidencial, Galiciapress, GCDiario, GCiencia, Lugo Xornal, Mundiario, Pontevedra Viva, Praza Pública, Tempos Dixital, Xornal da Mariña, Xornal de Bueu, Xornal de Lemos e Xornal de Vigo son os colaboradores neste espazo xornalístico seguro.

Esta especie de rexistro de medios dixitais galegos debuxa un variado panorama do ecosistema mediático galego, tanto a nivel temático como xeográfico. O que destaca o Colexio Profesional de Xornalistas con esta iniciativa é que seguen existindo espazos con criterios xornalísticos no eido dixital que poden sumarse a esta iniciativa e agrandala. Os interesados poderán con esta rede aumentar a súa visibilidade e formarán parte dunha listaxe pública de libre acceso á cidadanía. Tamén solicitarán á Xunta de Galicia a súa inclusión na Guía da Comunicación que elabora o goberno autonómico. Para iso, poñen a disposición as inscricións online, no correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal ou por teléfono no 981 935 670.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos