O concello de Ames, pioneiro en regular a publicidade institucional

  • O goberno de Ames sentou unhas bases para a contratación de publicidade institucional
  • A iniciativa contou coas achegas de institucións profesionáis e medios de comunicación

O Concello de Ames está a poñer en marcha unha iniciativa pioneira en Galicia para a concesión de publicidade institucional e ven de facer públicas as bases orientadoras para a contratación de publicidade institucional, que regulan o investimento municipal nos medios de comunicación.
Esta iniciativa contou coa participación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e máis a Asociación de Medios en Galego. Engadíronse tambén as achegas que os medios próximos ao concello quixeron facer.
As bases establecen os criterios e mecanismos para contratar publicidade institucional, entendendo por tal todo anuncio, aviso ou información de interese para a poboación, publicada en medios de comunicación, en calquera soporte, orixinada, promovida ou contratada polo Concello de Ames. Exclúense da aplicación destas bases os anuncios de carácter administrativo que, polas súas características, só poidan inserirse en medios escritos ou audiovisual de carácter diario e mailos anuncios que veñan derivados de obrigas que deban cumprir persoas ou entidades subvencionadas, patrocinadas, contratistas ou concesionarias do concello.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.