-
O cartel do FIOT, obra de Juan Gende, representa un corazón coas distintas seccións do festival e o hashtag #allyouneedisFiot
-
«O FIOT é o corazón do teatro en Galicia», explica Alberto Sueiro, da Asociación Telón e Aparte, organizador xunto ao Concello de Carballo
Do 16 de setembro ao 28 de outubro, a localidade coruñesa de Carballo vive por e para o teatro como en moi poucos sitios. De feito, o programa inclúe 34 obras, 3 coproducións, 7 estreas absolutas e 9 estreas en Galicia nas modalidades de programación de sala, Ciclo OTNI, Rúas dos Contos, Microteatro e Fiotiño.
Isto compleméntase con actividades paralelas como a Escola do Espectador, o Café con, o Teatro de Rúa, a exposición Zoom FIOT, o Dálle un Bocado e diversos obradoiros de participación. A presenza internacional está representada por compañías e artistas procedentes de Reino Unido, Bélxica e Portugal.
A imaxe do corazón creado por Juan Gende reflicte esa apaixonada relación co teatro dunha localidade de pouco máis de 30.000 habitantes. «O FIOT é o esforzo de toda unha sociedade», afirma o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.