Os programas "TAC", "Coma un allo" e "ADN Galego", as apostas da TVG para o outono

  • «TAC» é unha serie, «Coma un allo», un concurso, e «ADN» ten formato de documental de testimonios.
  • A parrilla complétase con novas tempadas de programas consolidados como «Land Rober» ou «Luar».

Os programas «TAC», «Coma un allo» e «ADN Galego» conforman as principáis apostas da Televisión de Galicia para a temporada de outono.
A serie «TAC» xorde a partir dos personaxes de “Urxencia Cero” e estará centrada nas intensas vidas persoais dos membros do equipo médico do Francisco Balmis e no misterio que rodea a morte dun dos empregados do hospital.
No programa «Coma un allo» os concursantes e os espectadores farán as súas contas e intentarán dar resposta a cada un dos desafíos que lles propoña a diario Bernardo Montaña, que disporá da axuda de dous sabios colaboradores, o científico e divulgador Jorge Mira e a escritora María Canosa.
“ADN Galego” é un novo formato para a TVG co que a audiencia viaxará por todo o territorio español e coñecerá as historias dos galegos que viven e traballan fóra da nosa terra. O programa buscará contar ademais a pegada histórica que deixaron estes nos seus lugares de acollida, así como a repercusión social que tiveron ao longo dos anos.
A oferta da Televisión de Galicia complétase con novas temporadas de programas consolidados na grella, como “Land Rober”, “Luar”, “Serramoura”, “Bamboleo”, “Casamos!” ou “Aquí Galicia”.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.