peaky-branders-arzua-campaña-25n-galicia

As Peaky Branders firman a campaña ‘Acabouse’ para o Concello de Arzúa

  • A campaña busca acabar coas violencias machistas e sérvese da ficción para identificar todo o que ocorre na realidade

O concello de Arzúa encargou á axencia creativa As Peaky Branders a campaña do pasado 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. A mensaxe tras a comunicación foi de sensibilización e erradicación das violencias recorrentes que explicaban, moitas veces pasan inadvertidas. Para esta creatividad contaron coa colaboración do CIM da localidade.

Empregando o hashtag #Acabouse coma berro colectivo, a creatividade buscaba darlle máis profundidade a ese sentimento común. A idea era facer pedagoxía e poñerlle fin a todas as violencias machistas. A campaña pon o foco nas posibles vítimas e tamén nos posibles agresores cun especial fincapé na educación da sociedade en xeral. Deste xeito, empréganse mensaxes da cultura popular como ferramenta. Os cartaces mostran condutas machistas en acción utilizando personaxes ficticios como exemplo.

Explican desde a axencia de Bueu nas súas redes que, nunha peza tan pequena, cabía a posibilidade de que se interpretase como un ataque ás obras de ficción. «Despois dunha reflexión profunda, identificamos que o verdadeiro problema non residía nas obras, senón nas condutas machistas que sinalamos. Cada peza da campaña destaca a conduta machista, mencionando a súa autoría, creando así unha estrutura fixa», engaden.

A campaña das Peaky Branders para o concello de Arzúa buscaba non quedarse na superficie, sinalando simplemente os problemas. A idea é aportar solucións. «Por iso, nas escolas lanzamos dinámicas propositivas elaboradas pola asesoría da campaña, Prisma Igualdad, coas que invitamos ao estudantado a cambiar as historias, promovendo un relato máis igualitario», din. Deste xeito, a campaña busca sair da ficción e demostrar a realidade para porlle fin á lacra da violencia contra as mulleres.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos