plan-medios-turismo-xunta-concurso-galicia

A Xunta anuncia a contratación dun plan de medios para que Turismo de Galicia promocione recursos naturais, culturais e gastronómicos

A Xunta de Galicia, a través do Portal de Contratación, vén de anunciar un Acordo Marco con varios adxudicatarios para o servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia. Trátase dunha tramitación anticipada de gasto.

Explican dende o ente autonómico que os resultados do Xacobeo 21-22 se mantiveron neste ano 2023 e «cómpre seguir dando un pulo á mercadotecnia turística que a Xunta vén aplicando nos últimos anos». Búscase con este concurso manter o interese do visitante estranxeiro, español e do local «tanto pola ruta xacobea como polo destino turístico, sempre da man da sustentabilidade», argumentan no informe.

O obxectivo deste acordo para un plan de medios suporá os custos da estratexia, investigación, planificación, execución, xustificación e avaliación das campñas de medios durante o acordo marco. Tamén, o custo da adquisición de espazos publicitarios en todos os medios e soportes. O prazo de execución do acordo serán 18 meses e o orzamento base de licitación con IVE de 6.915.000 euros.

Máis detalles do procedemento aquí.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos