portocabo-premio-cultura-galega-2023-galicia

A productora Portocabo confirma o seu ano de éxito cun Premio á Cultura Galega

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, otorgou un ano máis os Premios da Cultura Galega 2023 logo de que o xurado se reunise en Santiago de Compostela para fallar os galardóns nas oito categorías propostas. Entre os galardoados, a productora Portocabo puido confirmar o seu ano de éxito tanto de proxectos como de galardóns sumando un novo recoñecemento, neste caso na categoría Audiovisual.

Nada en 2010 na Coruña da man do seu director, Alfonso Blanco, hoxe tamén presidente do Clúster do Audiovisual Galego, consagrouse como unha das principais produtoras audiovisuais de Galicia. O seu traballo ten sido recoñecido tanto pola crítica coma polo público e emprega a pata da innovación para anticiparse ás tendencias de mercado. O seu director foi recoñecido como un dos 50 líderes máis influentes do audiovisual iberoamericano pola prensa especializada e o primeiro galego membro da Academy Emmy International Awards. Entre os proxectos de éxito de Portocabo destacan Rapa, Hierro ou Os Fillos do Sol, entre outras produccións e coproduccións.

O xurado tamén recoñeceu o labor do Museo do Gravado á Estampa Dixital na categorías de Artes Visuais e da poetisa Yolanda Castaño no apartado das Letras, entre outros premiados en eidos como a Música, as Artes Escénicas, a Lingua, o Patrimonio Cultural ou a Proxección Exterior.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos