premio-jose-couso-cpxg-club-prensa-ferrol-galicia

Arrinca o XX Premio José Couso do Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol acaban de abrir a convocatoria da XX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa.

Este galardón leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003 e ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa ou organización na defensa da liberdade de prensa. Tamén cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Pode inscribirse calquera membro do CPXG ou do Club de Prensa de Ferrol e tamén calquera proposta vencellada ao xornalismo.

As candidaturas, con argumentación e currículum vitae, poden enviarse a premiocouso@xornalistas.gal ou a través da páxina web do premio. Ata as 14:00 horas do 26 de febreiro poderanse presentar as propostas, que se van anunciar como definitivas o martes 5 de marzo. Entre ese día e as 14:00 horas do luns 8 de abril, o xurado, composto polos colexiados e colexiadas do Colexio de Xornalistas e polos socios e socias do Club de Prensa, poderá votar as candidaturas.

Un premio gañado por grandes xornalistas

Este Premio José Couso é un recoñecemento promovido pola profesión xornalística galega que non implica ningunha contía económica. O gañador ou gañadora recibe un diploma acreditativo e o símbolo distintivo que representa o premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome de «Ás ceibes». 

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol organizan este premio que xa leva dezanove edicións. Nestes anos premiaronse grandes xornalistas e iniciativas a prol da defensa da liberdade de prensa. Anteriormente, recibiron este galardón Marcos Méndez (2023), Érika Reija (2022), Manuel Rico (2021), Lorenzo Milá (2020), Julia Otero (2018) ou Jordi Évole (2015). Tamén colectivos como Defende a Galega (2019), o Consello de Informativos de TVE (2012) ou WikiLeaks (2011).

Está organizado en colaboración co concello de Ferrol. As candidaturas poden inscribirse ata o luns 26 de febreiro ás 14h.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos