premio-somos-esenciais-cpxg-gadis-xornalismo-2024-galicia

Nova convocatoria do premio ‘Somos Esenciais’ do Colexio de Xornalistas e Gadis

  • Baixo o lema ‘A información ao servizo da xente’, o galardón premia a xornalistas ou fotoxornalistas que publicaran información de temática social en Galicia no 2023.
  • O prazo de presentación estará aberto ata as 14.00 horas do martes 30 de abril de 2024. A dotación son 1.500 euros.

O Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG), coa colaboración de Gadis, convoca a cuarta edición do Premio de Xornalismo ‘Somos Esenciais’. O obxectivo é recoñecer o labor dos e das profesionais da comunicación e a información social como vehículo condutor entre o que pasa na sociedade e a cidadanía. Búscase dar voz aos problemas dos axentes sociais e aos efectos que causan.

Co lema ‘A información ao servizo da xente’, este galardón premia o mellor traballo informativo de temática social. Poderan presentarse todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran información de temática social en Galicia ao longo do 2023. As candidaturas deben presentarse antes das 14.00 horas do martes 30 de abril a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal. Todas estas candidaturas deberán ir acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede.

Premio único e xurado con profesionais de varios sectores

Establécese un único premio de 1.500 euros, aínda que o xurado poderá facer as mencións especiais aos traballos que considere oportunos.  O xurado estará composto por Francisco X. González Sarria, decano do CPXG; Belén Regueira Leal, vicedecana segunda do CPXG; e Darío Janeiro Pereira, secretario do CPXGAna Isabel Rodriguez Vazquez, representará como decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Por parte de Gadisa, integrará ese xurado María Eimil Méndez, membro do Departamento de Comunicación.

Tamén forman parte do mesmo Lara Dopazo Ruibal, vogal da Xunta Directiva de Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social; e Cristina de la Vega Jiménez, xefa de Comunicacións e Relacions Institucionais da Area Sanitaria A Coruña-Cee e delegada da Asociación Nacional de Informadores de Saúde. Por último, participarán Vanessa Casteleiro Martínez e Gemma Malvido Otero como gañadoras da pasada edición. 

A cuarta edición dun premio ‘esencial’

Na primeira edición do Premio ‘Somos Esenciais’ resultou gañadora Isabel Bravo. O seu traballo ‘Cando as preguntas aínda non tiñan resposta’ foi emitido na Radio Coruña – Cadena SER. O outro finalista, daquela, foi a reportaxe ‘La uci del covid, desde dentro: «No somos héroes»‘, publicada por Ángel Paniagua en La Voz de Galicia.

Na segunda edición, o gañador foi Manuel Rey Pan, polo podcast de GCiencia ‘O ano da pandemia’. O equipo formado por Elena Martín Lores, Pablo Santiago Martínez, Sofía Caamaño Deus e Ruben Alexandre Lopes Martins recibiu tamén unha mención especial como finalistas pola reportaxe ‘Pechar a fronteira foi como pechar a fiestra da casa’. Foi publicada no dixital Xarda e no xornal portugués Público. 

Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro foron as gañadoras da edición de 2022 pola serie de reportaxes en La Opinión A Coruña ‘Una tarde en Teixeiro: «¿Se porta bien?»‘, ‘Con ganas de salir adelante’ e ‘Una mañana en Teixeiro: Deporte, trabajo, estudio y manualidades para volver a la calle’. María de La Huerta tamén foi finalista coa peza ‘Suicidio de mayores, un drama silenciado’, publicada no mesmo xornal. 

Toda a información nas bases do premio ou a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos