Premios de Xornalismo Julio Camba e Fernández del Riego
Abanca convoca anualmente, xunto a Ámbito Cultural de El Corte Inglés, dous concursos literarios dentro do ámbito xornalístico: os premios Julio Camba e Fernández del Riego. Estes galardoan a autores de artigos escritos en castelán e galego, respectivamente, publicados en medios de comunicación de prensa escrita ou dixital.
Estes premios son xa un referente en Galicia.
Premio de Xornalismo Julio Camba
Convocado para artigos escritos en castelán, entre a nómina de galardoados en edicións pasadas atópanse nomes de prestixio como Anxos Caso, Ramón Loureiro, Luís Ventoso ou Ignacio Camacho, entre outros.
Premio de Xornalismo Fernández del Riego
Convocado para artigos escritos en galego, entre a nómina de galardoados en edicións pasadas atópanse nomes de prestixio como Manuel Rivas, Miguel Anxo Murado ou Fina Casalderrey, entre outros.
Consulta as bases legais: https://www.afundacion.org/docs/galeria/bases_premios_de_xornalismo_2017.pdf