- A oitava edición terá lugar o vindeiro 17 de novembro en Ferrol
- A xunta directiva do Cluster da Comunicación de Galicia tamén deu a coñecer os integrantes dos diferentes xurados por categorías
A oitava edición dos Premios Paraugas do Clúster de Comunicación de Galicia celebraranse en Ferrol para premiar a traxectoria da xornalista Rosa Vilas, pioneira no seu sector, e do publicista Luis Bassat, referencia internacional no marketing e na comunicación de marcas.
A xornalista cambadesa é historia da CRTVG, canle á que leva vencellada dende 1989. En 2009 converteuse na primeira muller en ocupar o cargo de directora da televisión pública galega. Previamente exercera como presentadora e editora do telexornal mediodía, redactora xefa e subdirectora de informativos. O primeiro honorífico busca enxalzar o seu labor coma pioneira no sector da comunicación en Galicia.
Por outra banda, o barcelonés Luis Bassat é un dos publicistas españois e latinoamericanos máis reputados e recoñecidos do panorama internacional. Ao longo da súa traxectoria recibiu máis de 500 premios nacionais e internacionais e impartiu máis de 2.000 conferencias sobre comunicación, creatividade, marketing e publicidade. Amais, é o fundador do Grupo Bassat Ogilvy en España, co-presidente e director creativo de Ogilvy Europa, África e Oriente Medio e tamén presidente do Consello Creativo mundial de Ogilvy. É autor de libros de referencia para publicistas como El Libro Rojo de la Publicidad o El Libro de las Marcas.
Deste xeito, a nova xunta directiva do Cluster da Comunicación de Galicia, con Alberto Garnil como presidente, presenta unha oitava edición dos Premios Paraugas renovada. Os premios manteñen o obxectivo de poñer en valor a calidade do traballo do sector da comunicación en Galicia con dúas novidades: o Premio Paraugas de Ouro á candidatura máis destacada da edición e o de Novos Talentos.
Un xurado de excelencia para cada categoría
O Clúster da Comunicación de Galicia avanzou os xurados que, nesta oitava edición, avaliarán os traballos presentados. Na categoría de Comunicación estará integrado por:
- María Sande, xefa do departamento de Comunicación de Coca Cola European Partners
- Fuencisla Cid, directora rexional de Comunicación, Relacións Institucionais, Márketing e Sostibilidade de El Corte Inglés Galicia e Asturias
- Pedro Linares, xerente en Villafañe & Asociados Consultores.
- Patricia Sánchez, xefa do Sector Políticas e Comunicación da Axencia Europea de Control da Pesca.
En categoría Impresión:
- Nuria Casal, profesora Artes Gráficas Colexio Hogar de Vigo
- José Carlos Santos, director creativo e de produción en edicións Bolanda
- Ricardo Fernández, profesor de Artes Gráficas
- Alberto Carballido, deseñador gráfico en Novagarda
Categoría Deseño:
- Conchi Mayo, fundadora e directora de Dardo e presidenta da Fundación DIDAC.
- Alberto Rodríguez, deseñador gráco. Fundación USC – Servizo de Edición e Impresión Dixital
- Carmen Bouza, especialista en deseño de produtos dixitais en Accenture Song
Categoría Creatividade:
- Jon Lavin, director creativo e fundador de Madrid Content School
- Carlos Fernández, director de Corre Lola Corre
- Miguel Rego, socio fundador de LAPERA
- Farruca Maristany, fundadora de Occidente Comunicación
- Marcos Mosquera, socio fundador de Mosk Studio
Na categoría de Márketing:
- Teresa Fernández, adxunta á dirección e responsable de márketing e comunicación de Grupo Castrosua
- María Díaz, responsable de márketing de Cafés Candelas
- Elena Murillo, directora de márketing e comunicación en GrupoNortempo
- Brandan Gómez, director de márketing de Quescrem
- Adrián Salgado, director de márketing de Zelnova Zeltia
Categoría Eventos:
- Pablo Novoa, músico e produtor discográfico
- Javier Becerra, periodista especializado en música en La Voz de Galicia
- Yolanda Barbeito, ex-presidenta de OPC Galicia
- Lorena Rey, consultora e docente en márketing
Os xurados, estarán presididos, nesta ocasión, por Jon Lavin, que iniciou a súa carreira como redactor en Bassat Ogilvy e, posteriormente traballou como creativo en axencias destacadas do sector durante máis de 20 anos, polo que é un gran referente.