- Imaxe, Recados Carmen ou As Peaky Branders foron das axencias máis destacadas; Rosa Vilas recibiu unha merecida homenaxe pola súa traxectoria e Elena Bengoa recibiu o premio de Novos Talentos
- O evento foi o primeiro que organiza a nova directiva do Clúster de Comunicación de Galicia con Alberto Garnil coma presidente e acudiron multitude de personalidades do sector e da vida pública galega
A chuvia arreciou en Galicia logo de máis dun mes e xusto cando se abriron os paraugas. Eses que premio todo o que talento que ano a ano rega a nosa comunidade nos mundos da comunicación, a publicidade e o marketing. Os Premios Paraugas que, cada ano dende hai oito, organiza o Clúster de Comunicación de Galicia viaxaron até Ferrol por primeira vez. Alí, no Teatro Jofre destacouse a capacidade innovativa dos creativos galegos. Un sector estratéxico para Galicia que o pasado venres celebrou a súa gran gala.
Alí estivo ao completo o novo equipo da recén constituida nova directiva do Clúster de Comunicación de Galicia con Alberto Garnil á cabeza. Tamén asistiron cargos como o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; e a delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros.
Rosa Vilas foi unha das grandes protagonistas da gala. A xornalista cambadesa subiu a recoller a distinción honorífica que recoñece o seu labor coma pioneira. O Cluster de Comunicación quixo recoñecer así a súa traxectoria e enxalzar o seu papel como a primeira muller en ocupar un cargo directivo na Televisión de Galicia. Luis Bassat, histórico publicista, recibiu o outro galardón honorífico.
Nas sete categorías en xogo tiveron que decidir un xurado de expertos, especialmente escollido para a ocasión. En total, contábase 55 propostas finalistas. O presidente do Cluster de Comunicación de Galicia, Alberto Garnil, expresou o orgullo que significa «representar a este sector, que ademais de promover o crecemento económico da comunidade, consegue inspirar a sociedade mediante as ideas”.
A continuación, recollemos o elenco de gañadores nas distintas categorías:
Categoría Impresión
Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel
- Estudios de Anime. Gráficas Anduriña
Premio Paraugas ao Mellor Traballo en Gran Formato
- Aula Aberta á Tecnociencia. Imprimeverde – Universidade de Vigo
Premio Paraugas ao Mellor Packaging
- Caixa Regalo “La Brújula”. Gráficas Salnés
Categoría Deseño
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
- Mobalco. Cenlitros e Marcos Dopico
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto
- Lavelle Fireroad. Pablo Iglesias
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
- AR\DE Arquivo do Deseño Galego. Desoños
Categoría Creatividade
Premio Paraugas á Mellor Idea
- Non Cabreiroarse. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Premio Paraugas á Mellor Campaña
- Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
- Salvemos nuestros montes de los incendios. Chachachá Studio – Greenpeace
Premio Paraugas á Mellor Campaña de Impacto Positivo
- Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
Categoría Márketing
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
- Fontecelta sen filtros. Fontecelta
Premio Paraugas á Mellor Acción de Branding
- Fragmentos de Onte. Bodegas Martín Códax
Premio Paraugas á Mellor Activación de Marca
- ¿Hacemos match? Bysidecar
Premio Paraugas ao Mellor Uso do Social Media
- #NonCabreiroarse: los juegos del agua. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Categoría Comunicación
Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación
- Himno Oliveira dos Cen Anos. RC Celta
Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
- Unha historia de creatividade transformadora. As Peaky Branders
Categoría Eventos
Premio Paraugas ao Mellor Evento
- Eje Atlántico Loves Generali. Elemental Street (Recados Carmen)
Premios Paraugas ao Mellor Festival
- Festival PortAmérica. Esmerarte
Premios Paraugas Especiais
Premio Paraugas Novos Talentos
- Retratados. Elena Bengoa Fernández
Premio Paraugas de Ouro
- Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo