O Clúster de Comunicación de Galicia vén de anunciar a apertura do prazo de inscricións para a oitava edición dos Premios Paraugas. A gala celebrarse este ano o 17 de novembro no concello de Ferrol, sendo a primeira vez que se traslada dende a súa sede orixinal en Ourense.
Ata o 31 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para presentar as candidaturas a estes premios que escollen os mellores traballos da creatividade, deseño, edición, impresión, márketing, comunicación e os eventos. Amais, concédense dous premios especiais cada ano: o Premio Paraugas de Ouro e o Premio Novos Talentos. Os Paraugas naceron co obxectivo de valorar o talento creativo de orixe galega como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora do sector.
Deste xeito os premios son os seguintes:
En impresión, Premio Paraugas ó Mellor Traballo de Impresión en Papel, Premio Paraugas ó Mellor Traballo en Gran Formato e Premio Paraugas ó Mellor Packaging.
En deseño, Premio Paraugas ó Mellor Deseño Gráfico, Premio Paraugas ó Mellor Deseño Industrial ou de Produto e Premio Paraugas ó Mellor Deseño Dixital.
No eido da creatividade, Premio Paraugas á Mellor Idea, Premio Paraugas á Mellor Campaña, Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft) e Premio Paraguas á Mellor Campaña de Impacto Positivo.
En categoría de marketing, Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing, Premio Paraugas á Mellor Acción de ‘Branding‘, Premio Paraugas á Mellor Activación de Marca e Premio Paraugas ó Mellor uso do Social Media.
En comunicación, Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Global de Comunicación, Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
Por último, en categoría de eventos, Premio Paraugas ao Mellor Evento e Premios Paraugas ao Mellor Festival.
A inscricións e toda a información, na web do Clúster da Comunicación de Galicia.