- Os seleccionados foron presentados, maioritariamente, nas categorías de traballo literario breve e fotografía orixinal, pero tamén hai proxectos audiovisuais, de investigación, banda deseñada ou traballo musicais
A Deputación de Pontevedra pechou unha nova convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude 2023. Este ano, o ente autonómico recibiu un total de 77 traballos, que agora van ser avaliados polos xurados das diferentes categorías, e optarán aos 36.000 euros en premios cos que a institución provincial busca estimular e promover a creatividade da mocidade da provincia.
As categorías que maior interese suscitaron nesta convocatoria foron as de traballo literario breve, con 22 traballos, e a de fotografía orixinal, con 21 propostas. Tamén houbo unha notable participación de proxectos de investigación (17), de banda deseñada, traballo musical, educación en valores, deseño e moda, audiovisual e reacción polo clima. Haberá un xuíz ou xuíza por categoría, ben técnicos da propia Deputación ou expertos invitados coma Alicia Estévez Toranzo, vicepresidenta da Real Academia de Ciencias; Víctor Manuel González Sánchez, director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra; Susana Laya Fernández, codirectora do Atlantic Fest; ou o escritor Alberto Fortes, entre outros.