recados-carmen-san-publicito-2024-galicia

Recados Carmen encoméndase a ‘San Publicito’ cunha xornada de proxección dos mellores spots e palomitas

  • Co lema “Dille a San Publicito cal é o teu favorito”, invitan ao sector a seleccionar os mellores spots da historia, nacionais ou internacionais, na landing sanpublicito.recadoscarmen.com
  • En colaboración con Creatividade Galega, a proxección terá lugar en Casa Carmen en Vigo o 26 de xaneiro

Unha maratón de publi e palomitas para honrar ao patrón. Recados Carmen prepara por San Publicito outra actividade na súa sede en Vigo, Casa Carmen. Esta nova sesión de proxeccións publicitarias está organizada xunto a Creatividade Galega e convida a todo o sector o venres 26 de xaneiro ás 12h.

Na sede da axencia na rúa Nicaragua na cidade olívica proxectaranse algúns dos mellores spots da historia da publicidade, previamente seleccionados polo sector a través da landing page que Recados Carmen creou para a ocasión: sanpublicito.recadoscarmen.com. Contan que, ademais das clásicas palomitas habituais nas sesións de cine, haberá máis cousas para picar. É unha forma de «dicirlle a San Publicito cal é o teu spot favorito», explican. Será, deste xeito, unha xornada colaborativa e de inspiración e celebración da mellor creatividade publicitaria.

«Un ano máis, San Publicito convértese no mellor pretexto posible para xuntar ás e aos profesionais do sector en Galicia e charlar sobre os básicos do sector –clientes, deadlines, briefings…– ao redor dun viño ou dunha cervexa», contan no comunicado. Para iso, neste San Publicito, Recados Carmen fai un chamamento á participación do sector a través das votacións previas para escoller spot. Tamén para achegarse esa xornada á súa ‘casa’. «Coma sempre, será un éxito de público grazas á colaboración imprescindible d@s máis festeir@s do mundo da comunicación e da publicidade. Nós sabemos quen somos. O resto, estades tod@s convidad@s», sentencian.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos