Servizo de Xestión integral da campaña anual de comunicación e promoción turística do destino Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra , a través de Turismo Rías Baixas, convoca concurso para a contratación do Servizo integral da campaña anual de comunicación e promoción turística do destino Rías Baixas.

O obxecto da presente licitación abarca as seguintes tarefas:

  • Planificación da campaña, concretando as actuacións, os medios e soportes máis idóneos ao destino, coa finalidade de conseguir a maior difusión e a maior cobertura do público obxectivo.
  • Execución e xestión das accións, que comprende todas as prestacións necesarias para a execución integral da campaña, salvo as creatividades e artes finais que sexan facilitadas á empresa adxudicataria polo servizo de Turismo Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.
  • Desenvolvemento de accións específicas que comprende o deseño, xestión e execución de proxectos específicos de comunicación e promoción que, non estando incluídos nos anteriores, resulten de interese.
  • Avaliación dos resultados das campañas e accións específicas segundo o mercado emisor e as diferentes tipoloxías planificadas así como a proposta de melloras de cara á reorientación da campaña, xa sexa por cambios nos medios, nos soporte ou calquera outra circunstancia que aconselle modificar a planificación para axeitala á consecución dos obxectivos formulados. Comprende a elaboración de informes de desenvolvemento de cada campaña e acción específica así como a memoria co alcance final da campaña incluíndo as certificacións de emisións, publicacións e sobre impresións dixitais e, no seu caso, galería fotográfica de cada acción realizada.

O orzamento base de licitación acada os 195.126,81€ con IVE.

A data para presentar ofertas finaliza o 3 de xaneiro.

Detalle completo do procedemento

Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

Campaña Andalucía

En Portada

Síguenos en Twitter

Quiénes Somos
bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas

Menú