tvg-audiencias-2023-television-galicia

A TVG pecha 2023 coa mellor audiencia desde 2012 e os informativos máis vistos

  • Cun 11% de audiencia, o prime time da Galega destaca por riba dos seus competidores de grella
  • Os servizos informativos son os máis vistos, chegando ao 92% da poboación de máis de 4 anos da comunidade

Coa despedida do ano de Xosé Ramón Gayoso e as badaladas do reloxo da Berenguela, a TVG pechaba un 2023 de cifras récord. A canle autonómica acadou o pasado ano un 11% de cota de pantalla, o mellor dato desde hai once anos (2012). A Televisión de Galicia é a preferida da audiencia en contidos informativos e de entretemento, segundo reflicten os datos que recolle a propia canle en nota de prensa.

Deste xeito, destaca o prime time da autonómica, cun 11,1% de media, que o sitúa como o máis visto nesta franxa do día. É, amais, a cifra máis elevada neste espazo televisivo nos últimos sete anos. A piques de estrear plataforma dixital, a TVG é a canle pública máis vista na rexión por diante de TVE en 2 puntos.

Líder en informativos

2023 tamén culminou ratificando aos servizos informativos da TVG como os máis vistos en Galicia. Contaron cunha audiencia total de 2.415.000 telespectadores, o 91,8 % dos galegos de catro e máis anos. Neste eido destacan as cotas dos informativos da franxa do mediodía: o espazo de noticias de proximidade ‘Galicia noticias’ tivo unha media anual do 20,8 %. O ‘Telexornal mediodía’, pola súa banda, contou cunha cota media do 18,8 %.

Por días da semana, salientaron as cotas de pantalla dos días laborables: luns (11 %), martes (11,2 %), mércores (11,3%), xoves (12,4%) e venres (12,1%). E no prime time os datos dos xoves (12,4 %) con ‘Land Rober Tunai Show’, os venres con ‘Luar’ (12,3 %) e os sábados con ‘Bamboleo’ (11,1 %).

Por outra parte, TVG segue a ser un ano máis unha das canles motor da rede de televisións autonómicas de FORTA, superando este grupo en 2,5 puntos de cota.  

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos