tvg-nadal-programacion-galicia

A TVG terá programación especial polo Nadal para toda a familia

  • A Noiteboa haberá un programa especial de ‘Land Rober Tunai Show’; na Noitevella as badaladas serán a cargo de Gayoso, Noelia Rey e Rocío Durán dende o Obradoiro
  • A TVG tamén propón novos programas de Nadal como ‘A cea máis galega do mundo’, ‘Nadal Challenge’ ou ‘Os reis do mando’, centrada no goce en familia da televisión pública galega
  • ‘A cabina dos desexos’, ‘Soño contigo’ ou ‘Sala G’ serán outras das propostas de entretenemento para estas datas

A TVG arrincou esta mesma semana de Nadal coa súa programación especial para estas datas festivas. Baixo o lema ‘Fixémolo por ti’, a canle pública adapta a súa grella con espazos familiares e entretemento para todos os públicos. Tamén, din, é unha forma de agradecer a fidelidade á súa audiencia.

A cea máis galega do mundo‘ foi un dos espazos que xa se lanzaron desde as pantallas da canle galega este pasado mércores 20 de decembro. Xa o día 22 pola mañá A Galega prepara unha programación especial co gallo do Sorteo da Lotaría de Nadal. O programa estará presentado por Iria Soengas e Sevi Martínez e haberá unha ampla despregadura por toda a comunidade na procura dos posibles boletos afortunados coa sorte.

O concurso ‘Atrápame se podes’ poderase ver a partir do día 23, protagonizado por dúos imposibles con personaxes famosas. Estarán enfrontados polos seus estilos pero tamén por traballos ou por idades. A edición tamén contará cun formato infantil en que os máis pequenos da casa terán a oportunidade de participar nun clásico destas datas na TVG. A maiores, ese mesmo sábado 23 pola noite haberá unha nova entrega do programa especial ‘A Liga das Familias Extraordinarias‘, na que os e as artistas poderán subir ao escenario coas súas persoas máis achegdas.

Land Rober na Noiteboa e día de Nadal en familia

Roberto Vilar e a tropa do ‘Land Rober Tunai Show‘ porán o humor na Noiteboa nunha edición especial do seu programa, un dos máis destacados da programación galega. Xa o día de Nadal a grella da Galega encherase de propostas para unha xornada en familia. Pola tarde, a TVG emitirá o ‘Nadal Challenge‘ para atopar as casas de toda Galicia mellor iluminadas das festas. A continuación, estrearase ‘A cabina dos desexos‘, en que seis persoas recibirán unha sorpresa e cumprirán os soños que sempre quixeron realizar.

Xa na noite do día de Nadal, 25 de decemebro, os seguidores da serie de éxito ‘Saudade de ti‘ poderán gozar co especial ‘Que bonito é vivir en Abrente‘. O episodio especial permitiralles ver como sería a vida nesta vila de ficción se o tráxico accidente en que morreron Olga e mais a súa irmá Uxía nunca tivese sucedido. Xa o 27, Alba Mancebo fará un percorrido pola iluminación de Nadal de cidades, vilas e pobos galegos nunha nova edición do programa de paisaxes ‘Soño contigo‘.

A piques de pechar o ano, o 30 pola noite, a TVG continuará o Nadal abrindo as portas da súa ‘Sala G‘. Trátase dunha serie de tres programas especiais que desvelarán os segredos das salas de festa dos anos 80.

tvg-nadal-programacion-galicia
Alba Mancebo, presentadora de ‘Soño Contigo’
Badaladas con Gayoso no Obradoiro

Logo de comezar o ano televisivo lonxe das pantallas e ter que ver como outros e outras presentadores púñanse á fronte do seu Luar, voltou Gayoso coa forza de sempre. A gran icona da TVG volverá ser a aposta da cadea pública para presentar as badaladas de Fin de Ano 2023. Esta vez estará acompañado polas presentadoras Noelia Rey e Rocío Durán na mítica balconada da praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Posteriormente, haberá gala e música con Tanxugueiras, Carlos Baute, Bustamante, Camela ou Twin Melody, entre outros.

Xa co ano 2024 iniciado a TVG abrirá programación especial o día 1 con ‘Os Reis do Mando‘. Será un programa de reaccións reais, sen guión e con divertidas sorpresas que repasarán os momentos máis divertidos da programación do ano 2023. O 3 de xaneiro será o momento de escoller ‘A mellor orquestra do ano‘. A competición será entre Panorama, París de Noia, Los Satélites e El Combo Dominicano.

Esta programación especial rematará na noite máis máxica do ano para a cativada. A TVG ofrecerá en directo as Cabalgatas dos Reis dende as rúas galegas con conexións coas principais cidades e vilas da comunidade. Unha noite para soñar e gozar dos desfiles dos paxes e Reis Magos por Galicia na compaña da televisión pública galega. Así se pechará a programación da TVG polo Nadal.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos