gadis Versos Na Rúa

“Versos na rúa”, acción sorpresa de Gadis polo Día das Letras Galegas

  • Trátase dunha acción da cadea de supermercados galega Gadis, que dende a semana pasada enche as rúas de 13 vilas e cidades galegas con 10 frases míticas da literatura galega
  • Textos de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Xohana Torres, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Lois Pereiro e Xosé Neira Vilas apareceron pintados en pasos de peóns e paredes de toda Galicia

Por fin resolveuse o misterio. Gadis é quen está detrás da aparición das pintadas e adhesivos en 13 vilas e cidades galegas. Unha acción sorpresa da cadea de supermercados galega que ten como obxectivo poñer de relieve a nosa cultura nunha efeméride tan especial como é o Día das Letras Galegas. “Versos na rúa” é unha campaña feita pola axencia coruñesa Nasas. Emprega textos de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Xohana Torres, Uxío Novoneyra, Manuel Antonio, Lois Pereiro ou Xosé Neira Vilas. Oito escritores de épocas moi diferentes, que buscan impactar nos cidadáns galegos. Unha oportunidade de coñecer e disfrutar desta selección de pezas claves da literatura galega.

Ruta polas letras galegas

Estes versos conforman unha ruta polas letras galegas que se pode seguir por 13 localidades da comunidade. Os concellos implicados son A Coruña, Lugo, Ourense, Betanzos, O Carballiño, Foz, Muros, O Barco, Ordes, Ribeira, Sarria, Verín e Viveiro. También é posible transitar dixitalmente pola páxina web habilitada para a ocasión, así coma nos perfiles de redes sociais @versosnarua.

Estes días todos os Gadis de Galicia están a agasallar, ata fin de existencias, 80.000 adhesivos vinílicos coa selección de versos que se reproduciron nás rúas. Desta maneira o supermercado busca dar maior visibilidade a campaña e potenciar o coñecemento destes autores entre a súa clientela. Gadis tamén rinde homenaxe o autor a quen este ano adícaselle o Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. Por iso reparte tamén 30.000 marcapáxinas e bolsas de papel reciclado coa súa imaxe.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos