xacias-cooperativa-comunicacion-galicia

Nace Xacias, nova cooperativa de comunicación en Galicia

  • Está integrada por 6 profesionais especializados en comunicación política, corporativa e dixital
  • Encargarase de prestar servizos de planificación estratéxica, creación de contido e xestión cos medios

Xacias é o nome da nova cooperativa galega de comunicación formada grazas á alianza de 6 profesionais do ámbito da comunicación política e corporativa e tamén do dixital e o deseño e . Esta nova empresa do ámbito da comunicación é o desenvolvemento dun proxecto de embrionario, o podcast de actualidad e debate político ‘Carretando’.

Nesta nova consultoría no ecosistema galego ofrecen servizos de comunicación corporativa e políticamarketing dixital, deseño gráfico e, tamén indican, unha aposta pola participación cidadá da mocidade. Román Varela, xornalista e consultor institucional; Pablo J. Rabañales, escritor e xornalista; Carmen del Río, con experiencia en axencias e marketing digital; Adrián Vázquez, investigar predoutoral en economía política das TIC; Miguel Ledo, artista gráfico e fotógrafo; e Julio Iglesias, politólogo e experto en marketing político; son os integrantes deste novo proxecto de comunicación.

O propio Román Varela explica que a iniciativa empezou a xestarse hai dous anos e medio «arredor da importancia de achegar a política galega dun xeito pausado, en profundidade e atractivo, especialmente para a mocidade». O proxecto Xacias quedou no caixón e na mente dos seus fundadores durante o tempo que se especializaban no sector e, explica Varela, «vimos que tiñamos unha vocación similar e formacións complementarias para poder armar o noso novo proxecto, polo que optamos pola fórmula da cooperativa xuvenil».

Explican na súa presentación que a formula elixida do cooperativismo é debido a que todos comparten principios básicos de axuda mutua, responsabilidade, dinámicas democráticas, igualdade, equidade e solidariedade. Preguntado polos servizos que prestará o novo proxecto comunicativo, Varela detalla que, como axencia de comunicación, buscarán ofrecer «o servizo integral de comunicación». «Estamos especializados principalmente para ofrecer servizos a institucións, o terceiro sector ou a organizacións sociais e políticas pero tamén os ofertamos para todo tipo de empresas», resume.

Deste xeito, Xacias evaluará as necesidades e prioridades comunicativas de cada cliente e proxecto para así «potenciar a súa identidade e diversidade», continúa explicando un dos seus fundadores. No novo equipo facén fincapé nesa necesidade detectada de conectar coa mocidade. Román Varela incide que nese ámbito «é onde máis podemos aportar, tanto pola nosa xuventude como pola nosa propia experiencia xerando contidos a través do noso proxecto embrionario».

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Banner-extradigital-noviembre-300x600-3
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos