xornalistas-comunicado-alcalde-ourense-galicia

A APG e o Colexio de Xornalistas condenan os ataques á profesión de Jácome, alcalde de Ourense

  • Ambos organismos da prensa galega emiten sendos comunicados condenando as apariciones públicas recurrentes nas que Pérez Jácome fai descalificacións aos xornalistas e medios galegos

A Asociación de Periodistas de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia rexeitan con «rotundidade as acusacións e ameazas» do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, contra a profesións. Explican que estas descalificacións son proferidas «prácticamente a diario» en intervención públicas e mesmo en sesións plenarias. Os xornalistas e medios de comunicación galegos centran as acusacións do rexedor ourensano cando «fiscalizan a súa xestión como a de calquera goberno ou poder público, como é normal en democracia», engaden.

Amais desta condena pública, a Xunta de Goberno do CPXG expresa no seu comunicado a súa preocupación pola moción presentada por Democracia Ourensana, o partido que encabeza Jácome, que outorga ao Concello a capacidade de xulgar a veracidade da información e así censurar. A ‘Moción para a defensa da información veraz nos medios de comunicación’, detallan, podería abrir a porta á presentación de demandas abusivas. Tamén «á censura indirecta mediante a exclusión de cabeceiras da contratación pública».

Este é un escenario, continúan no comunicado os xornalistas galegos, que «non sería beneficioso nin para os e as xornalistas, que terían aínda máis dificultades para levar a cabo o seu traballo, nin para o Concello de Ourense, cuxa reputación resultaría afectada». Asemade afectaría aos intereses da cidadanía ourensana, «que verían como aumenta o gasto público co obxectivo de coartar precisamente o seu dereito á información».

«Persecución» a medios e xornalistas

Dende a APG califican esta moción como unha «persecución» contra medios e profesionais que considera non afíns aos seus intereses. Os tres puntos que incluiría esta moción proposta polo goberno encabezado por Democracia Ourensana pretenden «coaccionar a profesionais e empresas do sector que consideren críticos coa xestión do alcalde e o seu grupo».

Nos seus comunicados, ambas institucións recordan que a liberdade de prensa está amparada no artigo 20 da Constitución Española e constitúe «un bastión para a defensa da democracia», argumentan. Amais, fan público o seu respaldo aos profesionais da comunicación, «víctimas das inaceptables formas do alcalde de Ourense, inéditas en máis de catro décadas de convivencia democrática na sociedade española».

Hai só uns meses que Xornalistas de Galicia emitiu outra queixa pública polo desprezo de Jácome a unha xornalista de La Voz de Galicia na cidade das Burgas.

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos