Xornalistas e psicólogos únense para analizar como informar sobre o sufrimento humano

  • O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizan a Xornada Información e Sufrimento Humano Informa_Dor
  • As conferencias celebraranse o vindeiro martes 3 de outubro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizan o vindeiro martes 3 de outubro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación a Xornada Información e Sufrimento Humano Informa_Dor, que vai incluír a presentación das Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano e unha mesa redonda coa participación da xornalista Rosa María Calaf e o psicólogo José Luis Rodríguez-Arias Palomo.
Dende o Colexio de Xornalista apuntan que «a participación das e dos comunicadores é esencial para acadar unha información con calidade e rigor profesional, que garanta tanto a supervivencia do xornalismo como a preservación de dereitos democráticos básicos», e indican que esta iniciativa está inspirada «polo compromiso social, convencidos de que o compromiso ético das nosas intervencións profesionais é básico, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade».

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.