xornalistas-galegas-25n-galicia

Máis dun centenar de xornalistas e comunicadoras galegas falan das situacións de violencia machista e acoso

  • Con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Xornalistas Galegas realiza unha consulta a profesionais da comunicación e a prensa para destapar situacións reais de discriminacións, acoso, presións e de violencia machista nos medios
  • O 60% das enquisadas traballa no ámbito da televisión, en gabinetes e na prensa escrita, aínda que hai presenza de mulleres en todos os formatos e medios

Xornalistas Galegas, asociación en defensa dun xornalismo con perspectiva feminista, realizou nos últimos meses e co gallo do 25N un estudo da situación do acoso sexual e actitudes machistas no eido da comunicación e dos medios galegos. Á consulta respostaron 127 xornalistas e comunicadoras galegas. O obxectivo é visibilizar estas situacións no exercicio do seu traballo. Trátase de testemuñas reais que aportan contexto cualitativo e cuantitativo e falan de protocolos de actuación fronte ao acoso nas empresas de comunicación.

Explican dende a asociación que a misión non é estatística, senón de aproximación a unha cuestión de suma importancia para que medre a conciencia interna e externa na profesión xornalística. Deste xeito, extráese que 3 de cada 10 comunicadoras galegas tivo que soportar ou ser testemuña de acoso ou agresión sexual na contorna laboral. Case 8 de cada 10 asegura que sufriu en primeira persoa comentarios ou actitudes machistas no traballo por parte de compañeiros, xefes, clientes ou fontes de información. O 86% afirma ter sido testemuña destes comentarios ou actitudes machistas cara outras compañeiras de profesión.

Amais das cuestións concretas, Xornalistas Galegas convidou ás participantes a exemplificar casos de discriminación. Comentarios incómodos, tocamentos, chantaxe sexual, presións, violencia das fontes, acoso ás bolseiras e abusos de poder foron as máis comentadas. O estudo recolle testemuñas de traballadoras da televisión, da prensa escrita e de gabinetes. Estas tres categorías supoñen o 60% das consultadas. O resto forman parte doutros medios e formatos da comunicación.

Os casos son independentes da idade da traballadora, con casos en todas as franxas de idade pero as que máis respostaron teñen entre 36 e 50 anos.

Testemuñas reais para dar voz ao problema

Xornalistas Galegas puxo a disposición pública unha longa lista de todos os testemuños recollidos, garantindo o anonimato das relatoras, e agrupados por temáticas recorrentes. A finalidade é reflectir en primeira persoa a percepción das xornalistas galegas sobre o machismo no seu ámbito de traballo.

Falando de abusos de poder dos xefes, recóllense situacións como comentarios despectivos, gritos, tocamentos non consentidos, valoracións da vestimenta ou suxerencias fóra de lugar á hora de realizar o seu traballo. «Cando vaias facer esa entrevista, leva escote” ou “Un responsable animábame a ir ‘amañada’ cando tiña entrevistas a políticos”. Tamén se recolle como «O xefe da delegación dun periódico díxome: ‘A próxima vez contrato unha bolseira cachonda, que polo menos nos aleda a vista’”.

O nomeamento de mulleres en cargos de xefatura, explican, tampouco implica per se a perspectiva feminista. Moitas mulleres aturaron comentarios sobre o aspecto físico ou a valía.

As xornalistas e comunicadoras tamén viven comentarios que cousifican e sexualizan o seu físico. «Traballo na TV, así que a alusión ao físico das presentadoras é unha constante» ou «Que unha compañeira diga que quere saír en pantalla e que a chamen fea» son algúns dos testemuños.

Sen novas sobre os protocolos contra a violencia machista

Xornalistas Galegas tamén preguntou ás 127 mulleres consultadas polo seu coñecemento en relación aos protocolos contra a violencia machista ou agresións. O 58% das xornalistas consultadas afirma que no seu posto de traballo non existe un protocolo de acoso ou agresión (40,9%). O 17,3% descoñecen a súa existencia. Amais, o 46% das xornalistas en cuxo lugar de traballo existe un protocolo de acoso ou agresión non saben en que consiste. O 19% teñen só unha lixeira idea. 

En xeral, a inmensa maioría (81%) das xornalistas e comunicadoras galegas consultadas considera que a empresa na que traballan non informa correctamente dos protocolos de acoso ou agresión. A xuízo dos testemuños achegados voluntaria e espontaneamente por 127 xornalistas galegas, as informadoras carecen de información sobre as ferramentas para garantir a súa dignidade e seguridade. 

Comparte esta noticia en redes sociales:
Quizá te interese:
Ofertas de Empleo

Ofertas de Empleo

Actualización diaria de ofertas de empleo, becas, concursos, premios.

En Portada

Síguenos en Twitter

bloque-newsletter

Suscríbete a nuestra Newsletter

Recibe en tu correo electrónico las noticias destacadas de Aragón

Quiénes Somos