A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pronunciouse nun comunicado de prensa no que rexeitan «un novo trato despectivo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cara unha profesional da comunicación«. Os colexio de xornalistas reflicten neste escrito o que consideran «unha estratexia de desprezos reiterados cara aos e ás profesionais do xornalismo», calificándoas de «intolerables» para un cargo público e pedíndolle que cese nestes comportamentos.
Explica o CPXG que nesta ocasión a afectada foi Ruth Nóvoa, delegada do medio La Voz de Galicia na cidade das Burgas, vítima «duns ataques e insultos nos que á impertinencia e á completa falta de respecto súmase unha certa compoñente sexista que fa aínda máis impropia e condenábel a actitude do alcalde», explican.
Continúan nese comunicado engandindo que, en pouco máis de catro anos de mandato do edil de Democracia Ourensana, xa recolleron episodios similares «para lembrarle que, como alcalde, ten a obriga de respectar o labor das e dos profesionais do xornalismo e de manter unha relación axeitada cos medios». Din que se trata dunha situación inaudita que nunca se deu con outro cargo público e que o caso omiso a estas chamadas de atención supoñen unha «estratexia buscada para torpedear as liberdades de información e de prensa na cidade de Ourense«, conclúen.